27 de noviembre de 2009

Concentración o mércores 2 de decembro 2009


As/os veciñas e veciños de Lodeiro reunímonos novamente, o mércores día 2 de decembro ás 7 da tarde, para seguir denunciando a nosa situación de persoas inocentes condenadas a quedar sen as súas vivendas e non dispoñer delas, despois de cumprir os requisitos de legalidade de calquer cidadán responsable e respetuosos con unhas leis que nos abandonan e un Estado de Dereito que deixa de ser tal cada minuto que nos sustrae da nosa liberdade.
Por iso nesta última convocatoria deste ano que remata queremos expresar a nosa indignación con : “CADEAS E MORDAZAS” que expresan nin máis nin menos, que todo o que estamos a padecer por todo o aparato que sustenta os mecanismos da nosa liberdade como cidadáns.
1- Utilizamos CADEAS, porque nos sentimos “PRESOS” dunha situación que nós non provocamos.
2- Porque nos sentimos “AMORDAZADOS” porque non temos dereito a defender o que lexitimamente é noso.
3- Porque temos postas as “CADEAS” da falta de liberdade de non poder dispoñer do noso patrimonio pese a cumprimentar os requisitos legais.
4- Porque a nosa verba queda “AMORDAZADA” día tras día por non ser escoitada pola razón que nos asiste.
5- Porque as “CADEAS” mantéñenos “SECUESTRADOS” nuha situación inxusta que nós vivimos cada segundo que pasa sen ser solucionada.
6- Que cada mes intentamos recordarlle ós nosos veciños e a toda a poboación en xeneral que a “INXUSTIZA” que se comete con nós, non é soamente unha verba que se silencia unha vez que rematamos as nosas concentracións, senón que a arrastramos en cada paso que imos dando nas nosas vidas diarias.
7- Que as “CADEAS” simbolizan a nosa cadea perpetua sen ter dereito a ningún tipo de defensa .
8- Que seguimos esperando por todos aqueles que se enchen de verbas como : LIBERDADE; DEREITO; XUSTIZA;… para que nos descarguen das cadeas que nos impuxeron.
9- Que seguimos a ser un número de persoas que intentan cada mes sentir que esas nosas CADEAS non son unha metáfora e sí unha realidade.
10- Por todo isto e a todo aquel que poda aportar un fío de esperanza para a nosa situación: CONVIDAMOS ÓS VECIÑOS E VECIÑAS, tanto de Lodeiro como de VIVEIRO, a encadearse con nós na PRAZA de PASTOR DÍAZ de VIVEIRO e lucir unha mordaza que poña “SON INOCENTE”, denunciando deste xeito a nosa situación.



A ESCENOGRAFÍA QUE EMPREGAREMOS NESTA OCASIÓN, PARA REIVINDICAR A SITUACIÓN DE ABSOLUTA INXUSTIZA QUE ESTAMOS A VIVIR, CONSISTIRÁ NO SEGUINTE:


1- COLOCAREMOS CADEAS, COAS QUE FAREMOS UN MONTÓN, E DELAS ATAREMOS CORDAS QUE NOS RODEEN AS MANS A TODOLOS/LAS QUE ASISTAMOS.

2- TAPAREMOS A BOCA CON CINTA ANCHA DE PINTOR, A XEITO DE MORDAZA, NA QUE SE LEERÁ : “ SON INOCENTE”.

3- SE LEDES O MANIFESTO DESTA CONVOCATORIA ENTENDEREDES MELLOR O MOTIVO DA ESCENOGRAFÍA.

*TRÁTASE DE LEVAR TODAS AS CADEAS E CORDAS QUE PODAMOS.

*A CINTA DE PINTOR CORRERÁ A CARGO DA ASOCIACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.