5 de noviembre de 2009

Comunicado da concentración do día 4 de novembro 2008

COMUNICADO
Un mércores máis os veciños e veciñas de Lodeiro e Río dos Foles, afectados pola sentencia de demolición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, vimos a manifestarnos nesta Praza para expresar a nosa indignación con esta situación.
O motivo desta concentración, como en anteriores ocasións , é o de seguir a denunciar públicamente a situación de absoluta indefensión na que nos atopamos 118 familias de Lodeiro e Río dos Foles despois de enterarnos que sobre as nosas vivendas pesa unha sentenza de demolición. Queremos aproveitar esta ocasión para recordar que esta situación, que estamos a vivir dende que se coñecera a sentencia no ano 2003, non é máis que o producto dunha mala práctica nos procedementos administrativos e sen embargo somos nós os castigados, precisamente os que non cometimos ningún tipo de irregularidade na compra das nosas vivendas e os que cumplimos con todos os requisitos legais.
As mensaxes que queremos transmitir ó pobo de Viveiro e á sociedade en xeral nesta concentración son as seguintes:
1.- A INTROMISIÓN NA NOSA INTIMIDADE, a PERDA que nos supón tanto do noso TEMPO como dos nosos CARTOS xa que esta situación foi provocada pola Administración e sin embargo somos nós, as persoas inocentes, as que estamos sendo castigadas pola Xusticia.

2.- Que baixamos á rúa os tendais para seguir lembrando que a día de hoxe e despois de cumplir “ CON TODOLOS REQUISITOS LEGAIS “ as nosas casas : “NON NOS PERTENECEN”, coa paradóxica situación de seguir aboando os impostos correspodentes sobre a “suposta” propiedade que hoxe legalmente non temos.

3.- Que a xente interiorice que cada SEGUNDO QUE PASAMOS NESTA SITUACIÓN É UN ACTO QUE RESPONSABILIZA A TODO O SISTEMA DEMOCRATICO POR NON AMPARAR A NOSA INOCENCIA E A NOSA LIBERDADE COMO CIDADÁNS.

4.- Que a xente entenda que estamos PRESOS E CARENTES DE LIBERDADE ANTE UNS BENS QUE SE NOS PRIVAN CON TODA A IMPUNIDADE POR PARTE DE QUÉN O PROVOCA.

5.- As cintas de obra que empregamos a modo de cordón da roupa para colgar as nosas mensaxes tamén as empregamos como símbolo para que a xente non esqueza que a día de hoxe, estamos BAIXO A AMENAZA DE DERRIBO das nosas vivendas.

Unha vez máis invitamos, á xente de Viveiro e da Mariña en xeral, que se unan a nós como mostra da súa solidariedade e concienciación de que o que nos afecta non é únicamente un problema de 118 familias de Lodeiro e Ríos dos Foles senón un conflicto que pode derivar na ruina do noso concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.