10 de octubre de 2009

RÉPLICA ÁS DECLARACIÓNS DO PP (Publicada o 10 de outubro na Voz de Galicia)

A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro quere manifestar o súa indignación polas declaracións aparecidas en reiteradas ocasións, por parte de Partido Popular de Viveiro, nas que se afirma que o alcalde de Viveiro non realizou os trámites para a modificación da normativa urbanística de Viveiro.
Este tipo de declaracións xa aparecían no mes de agosto baixo o seguinte tipo de titulares: “Roel no mandó a la Xunta el informe preciso para variar la normativa en Viveiro, según Aja” (La Voz de Galicia, 14 de agosto de 2009), e siguen a aparecer en recentes declaracións do PP de Viveiro “ Roel ni siquiera ha tramitado el expediente de modificación de la normativa” por el casos Lodeiro (La Voz de Galicia 8 de outubro de 2009).
Dende a Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro sempre confiamos nas boas intencións por parte de todos os partidos políticos para buscar unha solución conxunta ó gravísimo problema no que nos atopamos 118 familias de maneira absolutamente inxusta. Esta confianza depositada nos diferentes partidos políticos está véndose desafiada no momento en que aparecen este tipo de declaracións, que son absolutamente falsas, e que o único que están conseguindo é sembrar máis confusión entre os Veciños e Veciñas afectados/as, o que nos parece unha absoluta falta de respeto cara a situación que nos está tocando a vivir sin ter cometido nosoutros ningún tipo de irregularidade. Non lles debe parecer suficiente o sufrimento de vivir día a día coa incertidume de non saber si nos van a derribar as nosas vivendas, que algunhas persoas aínda se permiten a desfachatez de xogar a confundir ós/ás veciños e veciñas afectadas/os.
Consideramos totalmente inmoral empregar a desgracia que estamos vivindo tantas familias coa única finalidade de “facer política”.
Como nota aclaratoria, e que sirva para dar tranquilidade a todas aquelas persoas que poden estar dudando si realmente se enviou ou non a documentación respecto da proposta de modificación das normas provisionais de planeamento urbanístico, queremos manifestar o seguinte:
A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro conta cunha copia da proposta de Alcaldía para a modificación da Ordenación Urbanística Provisional (Decreto 102/2006 de 22 de xuño) que foi remitida á Xunta de Galicia. Esta copia conta co selo de rexistro de saída de data 10 de xullo de 2009.
A Presidenta da Asociación, en representación do colectivo de Veciños e Veciñas asociados/as, contactou telefónicamente coa Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (con data de 14 de agosto de 2009) co fin de asegurarse de que a documentación remitida polo Concello de Viveiro fose rexistrada na Xunta de Galicia e dende ese Organismo confirmouse a súa entrada no rexistro con data de 13 de xullo de 2009. Así mesmo, a presidenta da Asociación mantivo conversación telefónica coa Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, dona Encarnación Rivas, que atendeu ás demandas realizadas mostrando moito interés e implicación no caso que nos ocupa. A Secretaria Xeral confirmou que a proposta sobre a modificación das normas provisionais remitidas polo Concello de Viveiro xa estaba sendo estudiada con detalle e comprometeuse a axilizar na medida do posible os trámites para tal modificación sempre e cando estivese dentro da legalidade. Así mesmo, e ante a pregunta por parte da presidenta da Asociación de si fora remitida a documentación completa por parte do Concello, a Secretaria Xeral afirmou que ata a data non se detectara a falta de ningún documento pero de darse o caso de ter que requerir algunha documentación complementaria, se comprometían a facelo coa maior celeridade posible co fin de non dilatar os tempos de tramitación máis do absolutamente imprescindible.

Atentamente,
A Presidenta da Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro
Teresa Aguirre Ramos

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.