Queremos unha solución para nos, e esta solución é
a INEXECUCIÓN.
Por outra banda, as Administracións teñen o deber de protexernos, e nos demandámoslles, tanto á administración local como á autonómica, esforzo e colaboración para a consecución e aprobación dunha normativa que legalice as nosas vivendas.
Por último tamén demandamos protección por parte dos nosos veciños e concidadáns:
Porque a unión fai a forza,
Porque un xesto de apoio importa,
Porque tranquiliza saber que non estamos sós, senón respaldados por todos aqueles que pensan que os inocentes non teñen por que ser castigados e máis por todos aqueles os que non lles gustaría estar no noso lugar.
Hoxe temos como lema “co teu paraugas, abríganos”. Utilizamos o paraugas como un símbolo de protección:
Pedímosche que abras o teu paraugas por nos.
É UN XESTO MOI SIMPLE , QUE REPRESENTA UNHA PROTECCIÓN IMPORTANTE.
GRAZAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.