A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 4 de novembro ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
O desenvolvemento desta concentración consistirá na instalación de “tendáis da roupa” nos que se colgarán diferentes mensaxes alusivas ó conflicto que nos rodea.
Solicitamos que de cada piso se leve escrito ou impreso en 13 folios o seguinte: número do edificio (1 folio), número do piso (1 folio) e o seguinte texto SON INOCENTE (11 folios; un folio para cada letra). Así mesmo, solicitamos que de cada piso se leven unha cantidade igual ou superior a 26 pinzas para poder suxetar os folios nos cordóns.
Ademáis desta mensaxe común, que é importante que se repita de maneira continuada (SON INOCENTE), cada veciño/a pode levar impreso ou escrito a man a frase ou palabra a través da cal queira expresar a súa indignación con esta situación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.