A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca unha nova CONCENTRACIÓN para o vindeiro mércores día 5 de agosto. O motivo desta concentración é o de seguir a denunciar a situación de inxustiza social que estamos a vivir 118 familias de Lodeiro-Río dos Foles, despois de coñecer que sobre as novas vivendas recae unha sentencia de demolición.
Como cada primeiro mércores de mes seguiremos a manifestar publicamente a nosa INDIGNACIÓN e a nosa INOCENCIA, e así o seguiremos a facer ata que se atope unha solución definitiva a esta situación.
Si ben é certo que dende as Administracións, tanto local como Autonómica, están a poñer os medios en busca dunha posible solución administrativa, nós non vamos a deixar de reivindicar os nosos dereitos ata que vexamos esta situación totalmente resolta.
¡É IMPORTANTE QUE NOS VEXAN COMO UN COLECTIVO UNIDO E CONSCIENTES DA GRAVEDADE DO NOSO PROBLEMA!
¡¡ACUDE Á CONCENTRACIÓN!!
DIA: MÉRCORES 5 DE AGOSTO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 20:00 HORAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.