
A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca unha nova CONCENTRACIÓN para o vindeiro mércores día 2 de setembro. O motivo desta concentración é o de seguir a denunciar a situación de inxustiza social que estamos a vivir 118 familias de Lodeiro-Río dos Foles, despois de coñecer que sobre as novas vivendas recae unha sentencia de demolición.
Como cada primeiro mércores de mes seguiremos a manifestar públicamente a nosa INDIGNACIÓN e a nosa INOCENCIA, e así o seguiremos a facer ata que se atope unha solución definitiva a esta situación.
Si ben é certo que dende as Administracións, tanto local como Autonómica, están a poñer os medios en busca dunha posible solución administrativa, nós non vamos a deixar de reivindicar os nosos dereitos ata que vexamos esta situación totalmente resolta.
¡É IMPORTANTE QUE NOS VEXAN COMO UN COLECTIVO UNIDO E CONSCIENTES DA GRAVEDADE DO NOSO PROBLEMA!
¡¡ACUDE Á CONCENTRACIÓN!!
DIA: MÉRCORES 2 DE SETEMBRO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 20:00 HORAS