Pasando á valoración das últimas noticias:
1.-Ante a noticia saída na prensa o domingo pasado relativa a que o PP de Viveiro presentará unha moción para a modificación das normas urbanísticas vixentes, ó noso entender e polo que se nos explicou na reunión mantida o pasado luns co alcalde esto non é posible pola seguinte razón: No ano 2004 presentouse un recurso contencioso-administrativo (por parte de Tomás Galdo) contra a C.P.T.O.P.V. que otorgaba (mediante Orde do 27 de agosto de 2004) a aprobación definitiva á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Viveiro nas áreas calificadas coa ordenanza residencial mixta. Estas normas subsidiarias obxecto de modificación foron impugnadas no seu día por ausencia de publicación no BOP. Este feito destácase no Decreto autonómico 102/2006 de 22 de xuño polo que se suspende a vixencia das normas subsidiarias de planeamento de Viveiro e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo PXOM. A falta de publicación fixo que esas normas non tiveran vixencia polo que o tribunal considera que non se pode modificar algo que non ten vixencia e polo tanto acaba dando a razón ó demandante anulando a Orde impugnada.
Coa entrega da copia da dita sentenza o que veu a decir o alcalde é que no momento en que o concello intentou modificar a normativa para legalizar a situación dos nosos pisos impideuno esta sentenza.
2.- En relación á aprobación da adxudicación do PXOM, respecto a este punto o Alcalde comunica que se fixo “el primer día que podía hacerse, ni uno ni dos días después…”.
A empresa á que se adxudicou a redacción do PXOM (o día 2 de febreiro de 2009) ten un prazo de 18 meses para facelo. Despois haberá que sometelo a información pública con posibles alegacións e consecuentes modificacións. Posteriormente someterase a unha aprobación provisional por parte do Concello e logo á aprobación definitiva por parte da Xunta de Galicia.
Debemos ter en conta polo tanto que ata a aprobación definitiva do PXOM poden pasar varios anos.
A aprobación do PXOM, legalizaría a situación dos nosos pisos.
3.- Posto que agora mesmo a única saída ó problema é xurídica e non política trátase de probar e acreditar que tanto legal como materialmente a demolición é imposible para o que é absolutamente necesario presentar probas periciais técnicas. A este respecto o 18 de febreiro rexistrouse o informe técnico urbanístico de inviabilidade redactado polo arquitecto municipal que será presentado polo concello no TSXG o 18 de abril de 2009 xunto coa solicitude de inexecución da sentenza.
5ºPor outra parte, propúxesenos acudir a manifestarnos ante o TSXG no caso de que o recurso de súplica fora desestimado, como medida de presión para que se nos teña en conta á hora de considerar a petición de inexecutabilidad, o alcalde reiterou o seu ofrecemento de acompañarnos e por autobuses á nosa disposición. Respecto a esta proposta teremos que valorala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.