SR. PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA.
Cando vostede era candidato polo Partido Popular nas eleccións do 1 de Marzo do 2009 visitou a localidade de Viveiro para realizar un mitin do seu partido no teatro Pastor Díaz da mesma localidade. Naquela ocasión tivo a ben recibir un grupo de veciños que lle entregaron unha carta para reclamar a súa INOCENCIA e desamparo ante a sentenza firme do TSXG quén ditamina derrubar as súas vivendas.
Naquela ocasión comprometeuse diante de tódolos representantes da Asociación de veciños O LODEIRO, de que si chegaba a ser vostede nomeado presidente da Xunta de Galicia nos faría chamar e xunto ó responsable de Urbanismo do citado organismo atendería o noso caso para chegar a unha solución.
Hoxe nós queremos lembrarlle o compromiso que vostede libremente adquiriu con nós.
Sabemos que o caso non lle resultará novo , xa que na breve conversa mantida con vostede en Viveiro o día do mitin, deu conta sobradamente de coñecer a nosa situación. Unha situación na que nos vimos inmersos sen responsabilidade algunha pola nosa parte e da que nos enteramos pola prensa con posterioridade a realizar as compras das nosas vivendas conforme á legalidade esixida e de pagar en tódolos organismos administrativos e hipotecarios sen que en ningún momento se nos advertira da situación administrativa na que se atopaban as nosas vivendas.
Para nós está en xogo non solo a nosa vivenda, senón a crenza no sistema democrático do que nos sentimos desamparados. Esperamos de vostede que sexa capaz de defender a INOCENCIA dos cidadáns como presidente electo e lexítimo, xa que do contrario pouco podemos esperar e crer no propio sistema. A dia de hoxe calquera persoa que merque unha propiedade se enfronta a ser enganada por non existir ningún mecanismo de defensa para o cidadán que garanta que o que merca, está libre de calquer continxencia.
Somos persoas INOCENTES, e aí están os documentos que o proban, respectamos a lei e a cumprimos, algo que a lei non fai con nós, por iso como máximo representante do executivo galego esperamos de vostede non solo unha resposta, senón decisións que faga de nós persoas que poden confiar no seu presidente e as institucións que representa. Para nós non existen prazos, porque cada día que pase sen resolver o noso conflito, todas as persoas e institucións que teñen que ver co caso están baixo a sospeita xustificada do noso desamparo e a nosa incredulidade, e non deixaremos en ningún caso de proclamar a nosa INOCENCIA, cas accións democráticas que consideremos oportunas.
En espera de ser recibidos á maior brevidade, reciba un cordial saúdo.
Viveiro a 21 de abril de 2009
A Asociación de Veciños e veciñas “O Lodeiro”
Rexistro Provincial de Asociacións nº: 2009/12928-1 (LU)
EXCMO. SR. PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA
Edificio Administrativo San Caetano s/n
15781 - Santiago de Compostela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.