4 de diciembre de 2011

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN


A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 7 de decembro  ás  19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Con  esta manifestación queremos seguir reclamando, despois de oito anos de incerteza sobre o futuro das nosas vivendas,   unha solución xusta para a situación que estamos a vivir 118 familias sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición que a día de hoxe segue sen estar resolta.
Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os propietarios dos pisos e baixos comerciais dos edificios afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tivemos coñecemento.

                LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!

DÍA: 7 DE DECEMBRO de 2011
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.

7 de octubre de 2011

De xentes e de PERSOAS.

             Existen persoas capaces de non ver ás outras. Existen persoas que insisten en mirar para outro lado. Existen persoas ás que lles chega non comprometerse. Existen persoas que solo ven o que teñen diante. Existen persoas que no seu momento co seu silencio fixeron aparecer a esvástica nazi ondeando por toda Europa. Existen persoas que delataron ós que non pensaban coma eles. Existen persoas para quén o veciño é unha incomodidade. Existen persoas que pensan que o mundo está quedo. Tamén as hai que pensan que os dereitos  secuestranse cada catro anos. Que cren que o público lles pertence individualmente. Que a sanidade a paga o político gobernante. Que a educación está en mans de vagos. Existen persoas que solo pensan que traballan elas, que solo sofren por elas, que sempre teñen a razón, ou que nunca se equivocan. Que pensan ¡algo faría!en calquer circunstancia, ou que lles gusta o de : “ ¡ vai facendo! “ . Tamén existen ás que lles gusta mentir , as que non frean ante a avaricia, as que babean polo poder de calquer índole, as que se colan nas filas; aquelas que o mal alleo lles sirve para murmurar. Tamén os hai que dan a paz na igresia ca man ensanguentada, que fan favores para que llos devolvan, que pisan a calquera con tal de chegares o primeiro. Que se ocultan tralas portas cando ven unha inxustiza. As hai que pensan que seres listo é esperar que actuen por un. Existen persoas que non len, por iso nin ven nin escoitan . Existen os que pensan que ler é recoñecer a suma das letras, que non sirve pra nada. Existen os perezosos, os vagos, os indecisos, os silenciosos, os vulgares, os mediocres, os ignorantes, os prepotentes, os insolidarios. Nesta fauna humana á que pertencemos a variedade pode chegar ata o infinito.
            Pola contra, por sorte para os/as veciñas/os do Lodeiro e Río dos Foles, están os que miran de fronte, os comprometidos, aqueles que son capaces de pensar máis aló que un hoxe, os que pertecen á RESISTECIA do totalitarismo. Os que defenderon ós inxustamente inculpados, os que lle abren a porta ó veciño, os que saben que o mundo non se detén, que non son subornables, que saben coidar e respetar  a “ res publica”, que valoran o traballo dos outros, que comparten as traxedias e os problemas,  que escoitan o argumento do outro. Que pensan que unha persoa é inocente mentres non se probe o contrario, que lles gusta respetar a lei inda que non estean de acordo con ela. Son as que lles gusta a verdade, as que son xenerosas, as que o poder lles parece unha perda de tempo, as que respetan o seu turno, as que non falan sin xustificación. As que berran pola paz diante dun carro de combate, ás que os favores lles parecen axudas, as que deixan pasar a calquera diante. Son esas que berran nas rúas contra as inxustizas, as que actuan sin pensar en cantas son. Existen as que len, por iso ven e escoitan. Entenden  e saben que detrás de cada verba está a aprendizaxe. Existen os activos, as traballadoras, os decididos, as que non se calan, os que pensan, as intelixentes, os discretos e as solidarias. Todas/os estas son cas que teño a sorte de compartires a Praza de Pastor Díaz de Viveiro cada primeiro mércores de cada mes, dende fai máis de dous anos, para respostar e berrar moi alto a nosa INDIGNACIÖN e INOCENCIA no caso Lodeiro.
Pero tamén quero recoñecer o silencioso traballo que fai Fidi no noso blog , e tamén, por riba de todos nós existen dúas persoas que son o espíritu de toda esta marea de loita contra a INXUSTIZA. Por iso quero agradecer de corazón a Chus Pernas o seu traballo calado, insistente e tenaz, grazas o que vivimos unha situación administrativa e legal diferente , e tamén á nosa presidenta da asociación Tereixa que foi quén, non solo de saber estar e falar nos momentos necesarios, senon de estar o pé do canón pese as circunstancias personais.
Para elas e para vos que pisamos cada mércores o asfalto da VERDADE unha aperta.
Pedro Cabarcos Quintela. Veciño de Lodeiro. Viveiro 4- 10- 2011

4 de octubre de 2011

Nova da Voz de Galicia

La arquitectura y los espacios públicos, a debate en Viveiro

            A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro, convoca unha nova concentración para o vindeiro MÉRCORES día 5 de outubro ás 19:00 horas na PRAZA PASTOR DÍAZ de Viveiro.
            O motivo desta concentración, como en tódalas ocasións anteriores, é o de seguir manifestando públicamente a nosa INDIGNACIÓN e a nosa INOCENCIA ante un problema no que os principais afectados non tivemos ningunha responsabilidade e sen embargo somos os principais castigados.
            Non deixaremos que se esqueza a  situación na que nos atopamos os veciñ@s de Lodeiro e Río dos Foles. Levamos  case oito anos pendentes dunha setenza de demolición das nosas vivendas que a día de hoxe segue sen estar resolta porque a única resolución posible debe pasar polos tribunais.
            Seguiremos estando na praza todos os meses ata ver o noso problema resolto.
¡¡ SOLUCIÓN XA!!
DÍA: 5 DE OUTUBRO DE 2011
                        HORA: 19:00 HORAS
                                               LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ DE VIVEIRO

1 de agosto de 2011

CONVOCATORIA


O vindeiro mércores día  3 de agosto ás 20:00 horas  temos una nova cita na PRAZA PASTOR DÍAZ  de Viveiro para seguir manifestando publicamente a nosa INDIGNACIÓN e a nosa INOCENCIA.
Non deixaremos que se esqueza a  situación na que nos atopamos os veciñ@s de Lodeiro e Río dos Foles, que levamos  case oito anos pendentes da setenza de demolición que pesa sobre as nosas vivendas. 
¡ É IMPORTANTE QUE NOS VEXAN COMO UN COLECTIVO  E  CONSCIENTES DA GRAVEDADE DO NOSO PROBLEMA!
 Recordamos ademais ós asociados que  está convocada unha asemblea extraordinaria da Asociación ás 21:00 horas en  primeira convocatoria. Non faltedes.

21 de julio de 2011

Una vez más los vecin@s de Lodeiro y Río dos Foles nos concentramos en la Plaza para manifestarnos y expresar nuestra INDIGNACIÓN.  Una indignación que no es nueva, llevamos indignados casi ocho años, desde que se nos dio a conocer a través de la prensa que sobre nuestros hogares pesa una orden de derribo.
Llevamos tiempo TOMANDO LA PLAZA  una vez al mes para que nuestra situación no caiga en el olvido y para proclamar a los cuatro vientos que nosotros somos VÍCTIMAS INOCENTES, que los propietarios de las viviendas no cometimos ninguna ilegalidad pero somos los que estamos sufriendo las consecuencias.
Vivimos cada día pendientes de unas resoluciones judiciales y, aunque lo hacemos con la esperanza de que todo este asunto se solucione de la mejor manera posible no pasa un día en que no sintamos que se nos está privando de nuestros derechos.

SOMOS INOCENTES

ESTAMOS INDIGNADOS

SOLUCIÓN XA!!!!