Benvido á páxina da asociación de veciños e veciñas de O Lodeiro. Lugar para compartir en liberdade ideas, proxectos defender intereses ou calquer actividade que teñamos en común. Bienvenido a la página de la asociación de vecinos y vecinas de O Lodeiro. Lugar para compartir en libertad ideas, proyectos defender intereses o cualquier actividad que tengamos en común.
17 de abril de 2011
14 de abril de 2011
10 de abril de 2011
8 de abril de 2011
7 de abril de 2011
4 de abril de 2011
CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN
O vindeiro mércores, día 6 de abril, estaremos de novo na praza para denunciar a situación na que nos atopamos os veciños de Lodeiro e Río dos Foles desde hai máis de sete anos.
LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!
DÍA: 6 DE ABRIL
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 20 HORAS.
29 de marzo de 2011
Veciños de Lodeiro e Magazos
O título da foto é suficientemente explícito. Pouco ou nada hai que engadir.
O enlace da páxina web dos afectados de Magazos está na sección de WEBS REALACIONADAS CON URNANISMO deste blog ( columna esquerda abaixo )
15 de marzo de 2011
10 de marzo de 2011
COMPARSA DA ONU ( ENTROIDO DE VIVEIRO 2011)
3 de marzo de 2011
1 de marzo de 2011
28 de febrero de 2011
CONVOCATORIA CONCENTACIÓN
Un mes máis repetimos as nosas protestas como vimos facendo desde hai dos anos e, unha vez máis, estaremos na Praza Pastor Díaz pedindo xustiza e proclamando a nosa inocencia.
Deixaremos as nosas pegadas nesa praza que nos acolle cada primeiro mércoles de mes ante as miradas, ¡tantas veces impasibles!, dos que nos miran ó pasar.
Que miren!
Que nos vexan!
Que se sumen a nós!
LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!
DÍA: 3 DE MARZO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.
27 de febrero de 2011
CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA
A Xunta Directiva da Asociación de Veciñ@s O Lodeiro, convoca Asemblea Ordinaria para o vindeiro día 12 de marzo de 2011 ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 h. en segunda convocatoria, na Sala de Reunións da Miniresidencia Inmaculada Niña (antigo Colexio Cristo Rey) cos seguintes puntos na Orde do día:
1.- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2.- Estado de Contas.
3.- Información do estado actual dos oito edificios afectados pola sentencia de derribo
4.- Medidas de actuación en meses vindeiros. Propostas dos asociados
4.- Presentación de candidaturas para a renovación da metade da xunta directiva.
5.- Rogos e preguntas.
En Viveiro a 26 de febreiro de 2011
A Presidenta
Mª Teresa Aguirre Ramos
16 de febrero de 2011
10 de febrero de 2011
DENDE O LODEIRO
Hai dous anos que un grupo de veciños /as do Lodeiro, decatámonos de que unha das poucas saídas que nos quedaban para loitar pola nosa vivenda era xuntarnos nunha asociación e reivindicar na rúa o noso dereito legal a que esta, se nos devolvese no mesmo estado de legalidade na que a mercamos. Despois de saber pola prensa que a nosa casa ia ser derrubada por orde xudicial a raíz dunha demanda interposta por un veciño ó que a xustiza dáballe a razón nas súas pretensións, dende a perspectiva de un cidadán da pé, a dimensión da noticia solo cobra corpo, no tempo que vai pasando e no silenzo treboento das instancias públicas , para darnos conta que un “ irresponsable político “ amparado en leis de desamparo para os cidadáns, decidiu nun intre sobre as nosas vidas, no xeito irresponsable, caciquil e de incapacidade para facer política democrática. Zarandeado polas urnas que o afastaron dun poder que parecía máis de prácticas rexias que democráticas, encarou o problema mirando para outro lado ao votarlle a culpa a quén, nese momento, foraelixido democraticamente. As persoas honradas , como calquera ser humano moral, cando se equivoca, o menos que pode facer é recoñecelo e clarexar diante dos veciños afectados, a súa actuación de boa fe nos feitos, si é que esta fose realizada con esa intención. Evidentemente nunca foi así, e non contento con utilizar á administración pública para fins que a min se me escapan, porque o meu mundo é máis terreal e sinxelo, intentou manipular a veciños/as con argumentos nada democráticos, pero sí na insistencia personalista de dicir que “ si non perdese as eleccións, iso xa o tiña amañado”, ou máis adiante que “iso o amañaba el “ seguramente porque xa tiña ós amigos en Santiago. Sexa como fose, o que eu aínda non entendo é o porqué se tiña que amañar algo que no seu concepto era legal, e todos nós cumpríramos cos requisitos legais pertinentes. Si todo fora verdade e normal, houbera pasado algo?, houbera intervido a xustiza ?, habería unha condena coma a existente ? Son tan puerís as preguntas como sinxelas as respostas. Nun estado de dereito supoñemos que a xustiza actúa sobre dereito, e a nosa condena,( kafkianamente sen ser condenados) era quedar sen o noso fogar, e máis grave, sen poder defender a aldraxe por a vía xurídica pertinente.
Fai máis de dous anos disto, e todo ese tempo na que a ameaza foi sendo cada dia máis abafante, a
asociación de veciños/as do Lodeiro, foi o pano de lágrimas para intentar dar unha resposta dentro dos límites da legalidade ( aínda que pola cabeza se nos pasasen accións persoais máis contundentes, pero seguramente menos intelixentes) a tódolos despropósitos cometidos pola acción política dun gobernante incompetente. Os/as veciños/as que emprendemos este camiño, entendemos que deste xeito nos quedaba unha pequena posibilidade para concienciar ás instancias políticas superiores e á cidadanía en xeral , ó desamparo e indefensión ó que aínda nos están sometendo .
Non tódolos veciños estamos dando a cara neste conflito, e diso somos conscientes para asumir as
desculpas daqueles cidadáns que poñen o pero de non ir ás manifestacións xa que hai veciños implicados que non o fan. Cada un elixe o seu proceder, o sentido moral da vida é individual, teño claro persoalmente que me teño manifestado pola educación, a sanidade, o aldraxe ós dereitos humanos, por poñer exemplos, sen preguntarlle a un pai,a un enfermo, ou a un parado por que non ían eles.
Quero felicitar de corazón os/as veciños de Lodeiro que compartimos pancarta cada primeiro mércoresde mes dende fai dous anos, por non deixarse manipular, por abandoar o seu tempo ó servizo da comunidade, por enfrontar con valentía as manipulacións de caciques sen escrúpulos, por soportar as inclemencias do tempo, para demostrarlles ós culpables da nosa situación que non se moverán da súa reivindicación para que agochen a cabeza cando os miren, pola dignidade e educación democrática que manteñen pese a ser desamparados pola propia democracia, por a postura HEROICA do dia a dia, que solo eles/as coñecen, por manter viva a luz da xustiza co seu proceder, e porque grazas a eles, aprendín da súa xenerosidade, do seu esforzo e da súa humanidade.
Dous anos despois, seguimos a berrar máis forte se cabe: LODEIRO SOLUCIÓN XA!
Pedro Cabarcos Quintela. Veciño de Viveiro en Lodeiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

