Benvido á páxina da asociación de veciños e veciñas de O Lodeiro. Lugar para compartir en liberdade ideas, proxectos defender intereses ou calquer actividade que teñamos en común. Bienvenido a la página de la asociación de vecinos y vecinas de O Lodeiro. Lugar para compartir en libertad ideas, proyectos defender intereses o cualquier actividad que tengamos en común.
20 de octubre de 2011
15 de octubre de 2011
7 de octubre de 2011
De xentes e de PERSOAS.
Existen persoas capaces de non ver ás outras. Existen persoas que insisten en mirar para outro lado. Existen persoas ás que lles chega non comprometerse. Existen persoas que solo ven o que teñen diante. Existen persoas que no seu momento co seu silencio fixeron aparecer a esvástica nazi ondeando por toda Europa. Existen persoas que delataron ós que non pensaban coma eles. Existen persoas para quén o veciño é unha incomodidade. Existen persoas que pensan que o mundo está quedo. Tamén as hai que pensan que os dereitos secuestranse cada catro anos. Que cren que o público lles pertence individualmente. Que a sanidade a paga o político gobernante. Que a educación está en mans de vagos. Existen persoas que solo pensan que traballan elas, que solo sofren por elas, que sempre teñen a razón, ou que nunca se equivocan. Que pensan ¡algo faría!en calquer circunstancia, ou que lles gusta o de : “ ¡ vai facendo! “ . Tamén existen ás que lles gusta mentir , as que non frean ante a avaricia, as que babean polo poder de calquer índole, as que se colan nas filas; aquelas que o mal alleo lles sirve para murmurar. Tamén os hai que dan a paz na igresia ca man ensanguentada, que fan favores para que llos devolvan, que pisan a calquera con tal de chegares o primeiro. Que se ocultan tralas portas cando ven unha inxustiza. As hai que pensan que seres listo é esperar que actuen por un. Existen persoas que non len, por iso nin ven nin escoitan . Existen os que pensan que ler é recoñecer a suma das letras, que non sirve pra nada. Existen os perezosos, os vagos, os indecisos, os silenciosos, os vulgares, os mediocres, os ignorantes, os prepotentes, os insolidarios. Nesta fauna humana á que pertencemos a variedade pode chegar ata o infinito.
Pola contra, por sorte para os/as veciñas/os do Lodeiro e Río dos Foles, están os que miran de fronte, os comprometidos, aqueles que son capaces de pensar máis aló que un hoxe, os que pertecen á RESISTECIA do totalitarismo. Os que defenderon ós inxustamente inculpados, os que lle abren a porta ó veciño, os que saben que o mundo non se detén, que non son subornables, que saben coidar e respetar a “ res publica”, que valoran o traballo dos outros, que comparten as traxedias e os problemas, que escoitan o argumento do outro. Que pensan que unha persoa é inocente mentres non se probe o contrario, que lles gusta respetar a lei inda que non estean de acordo con ela. Son as que lles gusta a verdade, as que son xenerosas, as que o poder lles parece unha perda de tempo, as que respetan o seu turno, as que non falan sin xustificación. As que berran pola paz diante dun carro de combate, ás que os favores lles parecen axudas, as que deixan pasar a calquera diante. Son esas que berran nas rúas contra as inxustizas, as que actuan sin pensar en cantas son. Existen as que len, por iso ven e escoitan. Entenden e saben que detrás de cada verba está a aprendizaxe. Existen os activos, as traballadoras, os decididos, as que non se calan, os que pensan, as intelixentes, os discretos e as solidarias. Todas/os estas son cas que teño a sorte de compartires a Praza de Pastor Díaz de Viveiro cada primeiro mércores de cada mes, dende fai máis de dous anos, para respostar e berrar moi alto a nosa INDIGNACIÖN e INOCENCIA no caso Lodeiro.
Pero tamén quero recoñecer o silencioso traballo que fai Fidi no noso blog , e tamén, por riba de todos nós existen dúas persoas que son o espíritu de toda esta marea de loita contra a INXUSTIZA. Por iso quero agradecer de corazón a Chus Pernas o seu traballo calado, insistente e tenaz, grazas o que vivimos unha situación administrativa e legal diferente , e tamén á nosa presidenta da asociación Tereixa que foi quén, non solo de saber estar e falar nos momentos necesarios, senon de estar o pé do canón pese as circunstancias personais.
Para elas e para vos que pisamos cada mércores o asfalto da VERDADE unha aperta.
Pedro Cabarcos Quintela. Veciño de Lodeiro. Viveiro 4- 10- 2011
6 de octubre de 2011
5 de octubre de 2011
4 de octubre de 2011
A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro, convoca unha nova concentración para o vindeiro MÉRCORES día 5 de outubro ás 19:00 horas na PRAZA PASTOR DÍAZ de Viveiro.
O motivo desta concentración, como en tódalas ocasións anteriores, é o de seguir manifestando públicamente a nosa INDIGNACIÓN e a nosa INOCENCIA ante un problema no que os principais afectados non tivemos ningunha responsabilidade e sen embargo somos os principais castigados.
Non deixaremos que se esqueza a situación na que nos atopamos os veciñ@s de Lodeiro e Río dos Foles. Levamos case oito anos pendentes dunha setenza de demolición das nosas vivendas que a día de hoxe segue sen estar resolta porque a única resolución posible debe pasar polos tribunais.
Seguiremos estando na praza todos os meses ata ver o noso problema resolto.
¡¡ SOLUCIÓN XA!!
DÍA: 5 DE OUTUBRO DE 2011
HORA: 19:00 HORAS
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ DE VIVEIRO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)